Susana Rodríguez Gacio, prata no Europeo de Paratriatlón
A paralímpica viguesa tivo que lidar cun temporal na cidade austríaca onde se celebraba a competición e sufriu unha picada.
// @FEGATRIPM
Unha picada e o temporal na cidade austríaca onde tivo lugar o Europeo de Paratriatlón, Kitzbühel, foron os principais lastres para a paralímpica viguesa Susana Rodríguez Gacio, que tivo que conformarse coa prata.
Rodríguez Gacio, quen acudiu a Austria coa súa guía Mabel Gallardo, mostrábase en redes sociais satisfeita polo seu logro, pero non se conforma: adianta que adestrará moi duro este verán.
Escribe o teu comentario