Os estibadores convocan catro novos paros parciais de 48 horas

Os sindicatos convocan novas folgas sen que terminase o calendario programado, que prevé paros parciais o luns, mércores e venres da próxima semana.


|

Puertomercantecontenedoresestiba


Os sindicatos de estibadores convocaron catro novos paros de 48 horas para finais deste mes de xuño e comezos do de xullo, aínda que nesta ocasión non serán ininterrompidos, senón parciais, isto é, só afectarán as horas impares, segundo informaron a Europa Press en fontes sindicais.


En concreto, os novos paros terán lugar en todas as horas impares dos períodos de 48 horas comprendidos entre as 8.00 horas do luns 26 de xuño e a mesma hora do mércores 28 de xuño, e entre a mesma franxa horaria de entre os días 29 de xuño e 1 de xullo, 3 de xullo e 5 de xullo, e 6 de xullo e 8 de xullo.


Os sindicatos da estiba convocan novas folgas sen que aínda terminase o calendario xa programado, que aínda prevé tres xornadas de paros parciais para o luns, mércores e venres da próxima semana. Así, coa nova convocatoria, estenden dúas semanas máis o conflito nos portos.


Ademais, o aviso de novas folgas ten lugar a véspera de que mañá venres a patronal Anesco celebre unha asemblea para valorar a última proposta de acordo exposta polos sindicatos.


Os paros, do mesmo xeito que os anteriores, están convocados por todos os sindicatos con representación no sector, Coordinadora de Traballadores do Mar, CC.OO., UGT, CIG e CXT.

relacionada Os estibadores inician hoxe 48 horas de folga nos portos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE