A Policía de Vigo captura unha serpe venenosa nunha leira de San Miguel Oia

O exemplar de culebra bastarda ou de Montpellier, cuxo veleno non é mortal, quedara atrapada nunha rede. 


|

Culebrapoliciavigo


Axentes da Policía Local de Vigo, pertencentes á Unidade Ambiental de Intervención Rural (UMIR) rescataron un exemplar de culebra bastarda ou de Montpellier, que se quedou atrapada nunha rede, nunha horta dunha leira en San Miguel de Oia.


Segundo informaron fontes policiais, a serpe apareceu nunha leira dun domicilio da estrada de Camposancos e, como se enroscara nunha rede, o animal quedou atrapado.


A dotación da UMIR capturou o réptil e o desenredouno, para liberalo posteriormente no seu hábitat. Trátase dunha cobra venenosa, aínda que o seu veleno non é mortal para as persoas, e que pode chegar aos dous metros de lonxitude, no caso dos exemplares macho.

relacionada Capturan unha serpe de 157 centímetros nun patio dunha vivenda en Vigo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE