Rescatan os catro tripulantes dun pesqueiro guardés afundido na Ría de Vigo

Todos eles atópanse en bo estado | A embarcación quedou varada nunha zona de rocas e acabou afundindo.


|

Ruaprimerobarco

Rúa Primeiro // Marine Traffic


Os catro tripulantes do pesqueiro guardés 'Rúa Primeiro' foron rescatados na madrugada deste mércores na Ría de Vigo despois de sufrir unha vía de auga.


Segundo informou o 112 Galicia, os mariñeiros foron auxiliados polo helicóptero 'Pesca 1' e evacuados directamente ao Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) de Vigo.


Todos eles atópanse "en bo estado", malia que algúns dos tripulantes dicían "ter moito frío e sufrir algún golpe".


Os feitos producíronse na zona dos Carallóns, ao oeste das Illas Ronseis, na costa de Nigrán cando a embarcación quedou varada nunha zona de rocas e acabou afundindo.


Salvamento Marítimo alertou da situación ao 112 Galicia ás 4,00 horas deste mércores. Segundo indicaron, mobilizaron ao 'Pesca 1' e a embarcación 'Salvamar Mirach'.


Pesqueiroafundidoruaprimera2

// Gardacostas Galicia

Con estes datos, o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 informou ao Servizo de Gardacostas de Galicia, a Urxencias Sanitarias, ao GES do Val Miñor e á Garda Civil.


NON EXISTE CONTAMINACIÓN


Salvamento Marítimo confirmou este mércores que non hai contaminación na zona do afundimento do pesqueiro 'Rúa Primeiro', con porto base na Guarda (Pontevedra), na Ría de Vigo tras recoller restos do barco á boia.


Así o sinalaron fontes de Salvamento Marítimo, que explicaron que ás 3,30 horas deste mércores recibiuse pola canle VHF o aviso do pesqueiro de que encallara nos Carallóns, na Ría de Vigo.


O Centro de Coordinación de Salvamento de Vigo mobilizou a embarcación 'Salvamar Mirach' e o helicóptero 'Pesca 1', da Xunta, que izou "un a un" os tripulantes tras comprobar que o barco estaba case afundido despois de sufrir unha vía de agua.


Finalmente o barco, que estaba envorcado sobre un costado, afundiuse e os catro tripulantes rescatados foron evacuados ao Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) de Vigo.


Salvamento Marítimo concretou que ás 7,00 horas deste mércores a 'Salvamar Mirach' comprobou na zona do naufraxio que o pesqueiro afundira e "non se apreciaba contaminación".


A 'Salvamar Mirach' recolleu material do pesqueiro que se atopaba á boia na zona do afundimento e depositouno no Porto de Baiona.

1 Comentarios

1

as illas son as estelas

escrito por carlos 14/Xuñ/17    23:12 h.

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE