Case 1.700 persoas examínanse para obter unha acreditación de lingua galega
1.444 dos inscritos realizan a proba en Santiago e 225 en Ponferrada.
Un total de 1.669 persoas participarán, entre este fin de semana e o seguinte, na convocatoria de probas para obter un certificado de lingua galega.
Segundo indicou a Xunta a través dun comunicado, 1.444 dos inscritos examinaranse en Santiago e 225 farano en Ponferrada.
Para preparar estas probas, como sinalou o Goberno galego, a Secretaría Xeral de Política Lingüística ofreceu nos últimos meses cursos preparatorios en distintos concellos e vía online.
Escribe o teu comentario