A ampliación do hospital de Ourense atrásase polo menos ata setembro

|

Hospitalpasillo


O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, admitiu un "atraso" na ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, pero avanzou que "a principios de setembro" o novo edificio de hospitalización terá unha ocupación do "cento por cento", para o que se planifica o seu traslado.


En resposta a unha pregunta do PSdeG, Almuíña sinalou que estes atrasos están derivados da anulación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, unido aos problemas de subministración eléctrica e nos viarios de acceso.


"Cando hai problemas hai que emendalos e iso implica atrasos", xustificou o conselleiro. Con todo, destaca os 24.000 metros da área de hospitalización e garante que "vai ser un magnífico edificio".


Pola súa banda, a deputada socialista Noela Blanco tachou de "verdadeira chapuza" a obra de ampliación do hospital.


AUTOPSIAS DA MARIÑA


Noutra orde de cousas, o deputado socialista Julio Torrado preguntou ao conselleiro de Sanidade cando se volverán facer autopsias no Hospital da Costa, en Burela, no canto de en Lugo.


Así mesmo, Torrado apunta que na Xunta defende que o sistema de medicina forense é "máis barato en Lugo", pero "houbo casos de persoas que tiveron que esperar tres ou catro horas" a que realizasen a autopsia a familiares afogados na Mariña.


Sobre esta cuestión, Jesús Vázquez Almuíña remarcou que é o Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga, dependente da administración de Xustiza) o que "decide en cada momento como realizar esa función", pero que o actual sistema en Lugo é "moi bo e efectivo".


Ademais, o conselleiro esgrimiu o dato de que as autopsias da Mariña supoñen "menos do 10 por cento" da provincia de Lugo, mentres que o Imelga distribúe os seus profesionais en función das súas necesidades.

relacionada Pacientes de oncoloxía do CHUO denuncian atrasos de "ata dous meses" para un TAC
relacionada Ao PP non lle basta a poboación de Ourense para restablecer a cirurxía pediátrica do CHUO

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress