Un choque entre dous camións en Punxín sáldase cun falecido

Os feitos producíronse no quilómetro 80 da vía, en dirección Santiago. 


|

Unha colisión entre dous camións que tivo lugar este mércores saldouse cun falecido. O accidente tivo lugar na AG-53, ao seu paso polo concello ourensán de Punxín.


En concreto, os feitos producíronse no quilómetro 80 da vía, en dirección Santiago, segundo informou o 112.


O corpo da vítima quedou atrapado na cabina do seu camión. Foi excarcerado por un equipo dos Bombeiros do Carballiño. Segundo indicóuselle ao 112, o outro camioneiro resultou ileso.


Varias persoas chamaron ao 112 Galicia para dar a voz de alarma. A primeira delas fíxoo ás 16,30 horas desta tarde.


O persoal da central de emerxencias do 112 alertou ao 061, que decidiu mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Santiago. Tamén se informou desde o 112 aos Bombeiros do Carballiño e á Garda Civil de Tráfico.


relacionada Falece unha persoa e outras dúas resultan feridas graves nunha colisión frontal no Corgo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE