O Goberno revisará á alza a previsión de PIB para 2017 e 2018

A OCDE elevou ao 2,8% a súa estimación de PIB para este ano e a o 2,4% a do ano que vén. 


|


DeGuindos2 1

O ministro de Economía, Industria e Competitividade, Luís de Guindos, anunciou este mércores que o Goberno revisará á alza tanto a estimación de crecemento da economía española en 2017, situada no 2,7%, como a de 2018, cando se espera un aumento do PIB do 2,5%, para os Orzamentos Xerais do Estado do próximo ano.


Así o adiantou o ministro en declaracións aos medios de comunicación tras coñecer a revisión á alza das previsións sobre a economía española da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE), que elevou ao 2,8% a súa estimación de PIB para este ano e ao 2,4% a de 2018.


Guindos indicou que as novas estimacións da OCDE son datos "positivos" en termos de crecemento económico e emprego, de superávit por conta corrente ou do cumprimento do obxectivo de déficit en 2017, situado no 3,1%.


"Son boas noticias e para ir xa preparando os Orzamentos de 2018 o Goberno loxicamente terá que revisar outra vez as perspectivas para o ano 2017 e tamén para o 2018 en función do que son os indicadores recentes, que son bos en termos de creación de emprego, de confianza, e iso recollerase loxicamente nesa revisión do cadro macroeconómico para os Orzamentos de 2018, que xa temos que empezar a traballar neles rapidamente", subliñou o ministro.

relacionada Bruxelas eleva ata o 2,8% o crecemento de España en 2017

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE