Unha trintena de asociacións animalistas rexeitan a futura lei galega

Entenden que o proxecto de lei de protección animal que comezou a súa tramitación "pretende facer negocio co abandono".


|

Animalabandonoprotectora


Preto dunha trintena de asociacións animalistas de distintos puntos de Galicia expresaron o seu rexeitamento ao proxecto de lei de protección animal que este martes comezou a súa tramitación na Cámara, por entender que "pretende facer negocio co abandono" en lugar de "acabar" con esa práctica.


A través dun comunicado, estes grupos esixiron que a nova normativa obrigue a identificar a todos os animais de compañía, non só os cans; aumentar os tempos para a recollida de animais abandonados e suprimir a catalogación como infracción moi grave da recollida de animais extraviados ou abandonados.


Entre os 17 puntos que subscriben, tamén rexeitan o aumento de razas e de cruces considerados 'potencialmente perigosos', tendo en conta que a nosa comunidade lidera o ránking español con máis razas catalogadas deste xeito.

relacionada Galicia, Mellor sen Touradas esixe que a lei de benestar animal prohiba a tauromaquia
relacionada O PSdeG presenta unha emenda á totalidade da lei de benestar animal
relacionada UUAA critica que a lei de protección animal só serve "para mascotas en contornas urbanas"
relacionada Alimentar animais abandonados e recollelos sairá moi caro

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE