Reino Unido pode non dar información sobre Ignacio Echeverría ata mañá

É o prazo que as autoridades británicas lle deron á familia e que o ministro de Interior cualifica como "inhumano" e "desesperante".


|

Ignacioecheverriamonopatin


Reino Unido tardará "24 ou 48 horas" en dar información sobre o español de orixe galega, Ignacio Echeverría, desaparecido desde o pasado sábado cando se perdeu a súa pista no atentado yihadista de Londres.


Así llo trasladaron as autoridades británicas o martes á familia de Ignacio, como informou o irmán do desaparecido, Joaquín Echeverría, en Facebook: "Seguimos sen noticias de Ignacio Echeverría. As autoridades británicas pídennos 24 ou 48 horas máis para darnos información".


A pesar de non haber información oficial, OKDiario asegurou este martes citando fontes do Ministerio de Interior que o galego desaparecido é un dos sete falecidos, segundo a identificación parcial levada a cabo.


O ministro do Interior, Juan Ignacio Zoido, tachou de "inhumano" e de "desesperante" que Reino Unido non dese aínda ningunha información. En declaracións a RNE recollidas por Europa Press, o ministro dixo que espera que "se reduza" o prazo de "24 ou 48 horas" que as autoridades británicas pediron para dar información.


Zoido, que recalcou que está "a acompañar" os familiares "en todo momento", destacou o seu "comportamento exemplar" ante unha situación tan "angustiosa": "Pasaron moitas horas", dixo Zoido, insistindo na petición de que "non se demore máis" a "angustia" de non saber o paradoiro de Echeverría.


O ministro entende que os protocolos de Reino Unido sexan "lentos", pero ve "estraña" tanta demora, especialmente porque se trata dun atentado terrorista. "Estráñame que estean a tardar este tempo para identificar unha persoa", subliñou.

relacionada Confirman que o galego desaparecido é un dos mortos no ataque de Londres
relacionada O galego desaparecido nos atentados de Londres non está entre os 48 feridos
relacionada O español desaparecido en Londres é de orixe galega

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE