A prensa mexicana insiste en que Hirving Lozano acabará en Vigo

Afirman que o acordo está pechado de maneira definitiva desde este luns e depende da selección a chegada do xogador a Galicia.


|

Hirvinglozanopachuca


Se a prensa mexicana acerta, Hirving Lozano é a segunda fichaxe do Celta para a próxima campaña. Fox Sports afirma que o acordo está pechado de forma definitiva desde este luns, tras unha reunión entre Pachuca e a cúpula celeste.


Agora faltaría definir a data de chegada do xogador, convocado pola selección mexicana para varios compromisos internacionais. E é que o combinado disputa este verán dúas competicións.


Segundo afirma o medio local, o Celta pretende ter a Lozano tras a primeira delas, que ten a final fixada para o 2 de xullo. Pero depende da decisión que tome o seleccionador nacional, que planea unha convocatoria moi longa e repartir xogadores entre os dous compromisos.

relacionada O Celta presenta as súas camisetas para a próxima tempada
relacionada En México dan por pechado o traspaso ao Celta da xogador revelación da súa liga

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE