Un videoclip do grupo vigués Broken Peach arrasa nos Estados Unidos

A banda gravou unha versión dun tema de 'Pesadelo antes de Nadal' que encantou aos seguidores de Tim Burton e suma case 8 millóns de reproducións.


|


O grupo vigués Broken Peach está a triunfar en Estados Unidos cun videoclip do tema 'This is Halloween', pertencente á película 'Pesadelo antes de Nadal', grazas aos seguidores do cineasta Tim Burton en facebook. 


A banda galega colgou este vídeo nas súas redes sociais e dalgunha maneira chegou ao radar dunha páxina de facebook chamada 'Tim Burton Movies' (películas de Tim Burton) con máis de 175,000 seguidores, que o compartiu e a partir de aí empezou a xerar interese entre os seus seguidores. Tanto é así, que xa suma 7,7 millóns de reproducións e segue subindo.


O vídeo ademais pasa das 100,000 reaccións, foi compartido máis de 170,000 veces e supera os 12,000 comentarios de fans de todo o mundo. Un éxito inesperado que traspasa fronteiras e pon en valor o talento local.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE