David Vidal non seguirá no Lorca a pesar de ascendelo a Segunda

O club mucriano anunciou esta mañá que non renovará o adestrador, que se enterou polos medios de comunicación e que non está conforme.


|

Davidvidal


O Lorca anunciou esta mañá en comunicado oficial que David Vidal non seguirá como adestrador a próxima tempada. O club murciano asegura que o galego acababa contrato este xuño e que non renovará, a pesar de conseguir o ascenso a Segunda División.


David Vidal chegou ao Lorca en abril para reenganchar o equipo tras unha mala xeira e terminou conseguindo o ascenso.


O adestrador galego declarou estar sorprendido polo anuncio. "A min non me dixeron nada. Demos vacacións, chegamos de León esta mañá, almorzamos e cada un foi para a súa casa. Estiven no estadio falando cun directivo do club, o señor Cazorla, e non me dixo nada", relatou en Deportes COPE Galicia, recalcando que estivo con eles este mesmo luns "ás dez da mañá" antes de partir cara a Cádiz.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE