Aparece o cadáver dunha muller flotando na zona da Pasaxe, en Oleiros

O corpo sen vida apareceu flotando a uns 800 metros do lugar no que se introduciu na auga. 


|

Oleiroscrtvg

// CRTVG



O corpo sen vida dunha muller de avanzada idade apareceu este domingo pola tarde flotando na zona da Pasaxe, no Concello de Oleiros (A Coruña), a uns 50 metros da costa.


O suceso produciuse na parroquia de Perillo, concretamente preto do centro cultural e deportivo A Fábrica, unha zona que está á beira da praia de Santa Cristina e que está bañada pola Ría do Burgo.


Unha dotación dos Bombeiros da Coruña desprazouse cunha embarcación ata o punto, a 20 metros da ponte da Pasaxe e cara a fóra da ría, e sacárona da auga, tal e como indicou o 112.


De momento, descoñécense as circunstancias da morte. Con todo, varias testemuñas explicaron ás forzas da orde que viran á muller un pouco antes de que se metese na auga.


Momentos despois, o seu cadáver apareceu flotando a uns 800 metros do lugar no que se introduciu na auga. Un particular, que deu a voz de alarma pasados uns minutos das 17:00 horas, indicou no seu relato que a muller non braceaba, tal e como sinalou o 112.


A pesar de que os servizos de emerxencias trataron de reanimala, non conseguiron salvarlle a vida.


Ao lugar do suceso acudiron a Policía Local de Oleiros, Protección Civil, os Bombeiros da Coruña, a Garda Civil da localidade, a Policía Xudicial e o fiscal.

relacionada Aparece o corpo dun home afogado nunha piscina en Gondomar
relacionada Galicia, segunda comunidade con maior número de afogados en 2017

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE