A cidade de Lugo necesita outro colexio na zona centro
O consello escolar municipal pide á Xunta que avalíe esta carencia e que examine os centros concertados.
O concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas de Lugo, Manuel Núñez, remitiu dous escritos á Xunta en cumprimento dos acordos adoptados polo Consello Escolar Municipal de Lugo.
Segundo informou nun comunicado, nun deles pídeselle á administración autonómica que avalíe as necesidades de creación dun centro escolar público no termo municipal lucense situado na zona entre murallas ou lindeiras.
No outro escrito, pídese á Xunta avaliar os requisitos legais establecidos, dentro da normativa referente a instalacións e seguridade que afecta os centros concertados na comunidade, para o CPR Plurilingüe A Milagrosa. Tamén se insta á emisión dun informe ao Consello relativo ao cumprimento de tales requisitos.
Escribe o teu comentario