Pacientes do CHUS denuncian o peche este verán de 171 camas na área compostelá

A polémica decisión de non contratar persoal para cubrir vacacións e, polo tanto, pechar camas, é entendida como un "atentado ao dereito á atención sanitaria".


|

Variacioncamas

// Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS


A Asociación de Pacientes do CHUS vén de facer público un comunicado no que denuncia a decisión do SERGAS de pechar 171 camas este verán na área sanitaria de Compostela, --concretamente nos hospitais Gil Casares e Conxo--, seguindo así coa política de "racionamento de recursos sanitarios" a pesar de perderense, segundo asegura o colectivo, "355 camas entre os anos 2008 e 2016".


Os pacientes subliñan que un total de 171 camas quedarán pechadas "sen a dotación de persoal sanitario para ser atendidas e facelas dispoñibles aos pacientes". Como consecuencia, prevén que "un ano máis nos atopemos con axendas pechadas ao termo das vacacións do persoal sanitario" e "seremos despachados coa fórmula 'xa o chamaremos'". Alertan ademais de que este punto contradi a normativa autonómica, que "prohibe que existan pacientes en espera de ser incorporados a unha lista".


LISTAS DE ESPERA


A asociación censura que en lugar de contratar persoal substituto para cubrir as vacacións e manter a actividade normal que permitiría reducir as "avultadas" listas de espera para cirurxía, "faise recaer sobre a saúde dos pacientes decisións de xestión que atentan contra o dereito fundamental á atención sanitaria".


ListasesperaCHUS


Ademais, presentan cifras das listas de espera estruturais publicadas polo SERGAS para intervencións cirúrxicas, que cifran en "4.346 pacientes" os que esperan a ser intervidos só naquelas especialidades que se ven afectadas polo peche de camas programado (Dermatoloxía, Cirurxía Xeral e Dixestiva, Oftalmoloxía, Urología, Traumatología e Pneumoloxía).


Todo iso, din, "sen contar as listas de espera non estruturais" para atención cirúrxica, que en 2010 --único dato publicado-- o Consello de Contas de Galicia cuantificaba en 22.932 no ámbito da Comunidade Autónoma, cunha demora en espera de 234 días. 

relacionada O peche de camas provocará un aumento das listas de espera e "das listas do paro"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE