Unha ILP levará ao Parlamento galego a normalización das familias con pais separados

Reclaman a creación dunha lei que favoreza a "corresponsabilidade" entre os pais e elimine a sensación de "orfandade" dos nenos. 


|


NiospadresseparadosILP

A Asociacón Galega de Pais e Nais Separados recolleu máis de 10.000 firmas para levar ao Parlamento galego a súa Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) sobre a inclusión da custodia compartida no dereito civil, como xa sucede noutras comunidades autónomas.


Na mañá deste sábado, esta asociación realizou na Praza da Quintana de Santiago un acto para sumar apoios á súa campaña semanas antes de que as firmas --alcanzado xa o límite necesario para presentar unha ILP-- sexan entregadas ante a xunta electoral de Galicia.


Será o paso previo antes de que a iniciativa sexa trasladada ao Parlamento de Galicia. De feito, a comisión promotora da ILP xa tivo contactos cos grupos parlamentarios de PPdeG, PSdeG e En Marea e están á espera de fixar unha reunión con representantes do Bloque Nacionalista Galego.


Así, unha vez sexa trasladada ao Pazo do Hórreo, os promotores confían en que as forzas políticas "melloren o texto da lei" que tamén inclúe outras medidas como o fomento da mediación familiar para a resolución de conflitos.


En concreto, a iniciativa reclama a creación dunha lei que "favoreza a corresponsabilidade entre os pais" cando se produce un proceso de separación que, como indicou a Europa Press un dos seus portavoces, afecta "non só á parella" senón ao "conxunto da familia".


Deste xeito, piden que nas familias nas que se produce unha separación matrimonial "teñan unhas condicións de vida tan normais como outra familia calquera". "Son as parellas as que se separan, non son as familias", manifestaron.


Segundo a Asociación Galega de Pais e Nais Separados, esta petición é compartida pola "sociedade galega". "A experiencia que nos dan estes meses de estar nas rúas é que a maioría da poboación ve isto como a opción natural nun proceso de separación", expresaron.


Así as cousas, a ILP persegue que "eses nenos e nenas que teñen sensación de orfandade" tras a separación dos seus pais poidan vivir unha "relación normal" cos seus proxenitores.

relacionada As rupturas matrimoniais descenderon case un 10% en 2016 en Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE