Fin do pesadelo da actriz galega Sara Casasnovas

En 2009 un home de nacionalidade alemá tentou matala cunha ballesta. Acaba de ser expulsado do territorio nacional tras cumprir oito anos de condea. 


|

Saracasasnovas


Axentes da Brigada de Estranxeiría da Policía Nacional acaban de proceder á expulsión de España do cidadán alemán que tentou matar en 2009 a Sara Casasnovas cunha ballesta. A súa expulsión do territorio nacional, despois do seu paso por prisión, pon fin ao pesadelo da actriz galega. 


Os axentes recolleron onte na prisión madrileña de Estremera a Arndt Meyer, onde cumpriu os seus anos de condena polo intento de asasinato da actriz. Trasladárono ao aeroporto de Barajas e, tras o voo, foi entregado á Policía alemá.


En xullo de 2010, a Audiencia Provincial de Madrid condenou ao alemán a oito anos de prisión por disparar cunha ballesta á actriz á saída do teatro Reina Vitoria de Madrid, o 7 de xuño de 2009.


Os maxistrados impuxéronlle seis anos e tres meses de prisión por un delito de homicidio en grao de tentativa e a un ano e nove meses de cárcere por outro de tenencia ilícita de armas, ambos coa circunstancia atenuante de trastorno da personalidade.


No xuízo, o agresor dirixiuse a Casasnovas para dicirlle con voz chorosa: "Eu ámote, nunca che faría dano" e para explicarlle que non era certo que a agarrase polo pescozo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE