A Deputación da Coruña publica un mapa de represaliados polo franquismo

|

Maparepresaliadosdeputacionacorua


A Deputación da Coruña deu a coñecer unha base de datos con 300 nomes de membros das corporacións locais que sufriron a represión franquista, co obxectivo de achegar información aos concellos da provincia para que poidan "devolver a dignidade" aos que foron os seus representantes públicos.


En rolda de prensa, a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, xunto co investigador e director do proxecto, Emilio Grandío, presentou a base de datos que, cun obxecto de estudo de 2.500 nomes de representantes públicos, recolle ata o momento 300 represaliados.


A base de datos estará dispoñible na web do organismo provincial co obxectivo de que todos aqueles concellos da provincia poidan acceder a estes datos e colaborar tamén no proxecto denominado 'A Xeración Perdida'.


Desta maneira, segundo explicou Sanmartín, a través dun contacto "bidireccional", o ente provincial espera poder seguir aumentando a listaxe.


Por iso, tanto o coordinador do proxecto como a vicepresidenta da Deputación chamaron á cidadanía a que colaboren neste proxecto, facilitando toda aquela información da que dispoñan. Os interesados poden poñerse en contacto a través do correo electrónico xeracionperdida@dacoruna.gal.


CON AFÁN DE CRECER


En canto aos datos que manexan ata o momento, Grandío destacou que o 80 por cento dos represaliados eran membros da Fronte Popular. Ademais, destaca que 71 persoas foron asasinadas sen proceso xudicial e 26 con proceso.


A vicepresidenta da Deputación espera que este proxecto, cuxo afán é continuar crecendo coa incorporación de novos datos, achegue luz sobre os feitos acontecidos no pasado e sirva para que os concellos coruñeses dispoñan de máis información sobre aquelas persoas que foron asasinadas "sen mediar garantía xudicial".

relacionada A pegada do franquismo pervive en dez edificios públicos de Santiago
relacionada Coruña debate crear unha Oficina de atención ás vítimas do franquismo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress