Sanidade alerta da entrada en Galicia dunha perigosa droga coñecida como Flakka

A substancia, que pode confundirse con MDMA, foi identificada en oito comunidades autónomas, entre elas a galega.


|

Flakkadroga


As autoridades sanitarias alertan da chegada a Galicia dunha droga sintética e potencialmente mortal denominada Flakka, que foi detectada en oito comunidades autónomas españolas.


Segundo informan diversos medios, este composto, pode presentarse como un po branco, marrón ou negro, pero tamén en cápsulas, en forma líquida ou como gominolas e sobres denominados 'Legal Highs'. As autoridades advirten que a súa comercialización como pastilla pode confundirse facilmente con MDMA (éxtase), pero os seus compoñentes son diferentes e mesmo máis perigosos no caso da Flakka.


Os efectos desta droga van desde hipertermia, ata hiperactividade pasando por un aumento da frecuencia cardíaca e arterial, axitación e desorientación. O seu módico prezo fai que moitos mozos recorran a ela, e en España xa se detectou esta droga en tres persoas mortas e outras dúas que tiveron que acudir a urxencias tras consumila.


A ALFA-PVP, coñecida comunmente como Flakka, fixo estragos hai anos en Florida (EUA), chegándose a rexistrar máis de cen mortos en 2013 polos seus devastadores efectos. Os primeiros casos de afectados por esta droga en España datan de 2015 en Magaluf, cando un mozo británico tivo que ser ingresado por paranoia e hipertermia. A alarma volve saltar agora tras detectarse a presenza da devandita droga en oito comunidades: Baleares, Madrid, Andalucía, País Vasco, Aragón, Comunidade Valenciana, Cataluña e Galicia.

relacionada Sobe o consumo de cannabis en España e estabilízase o de tabaco

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE