27 mulleres e 5 menores foron asasinados por violencia machista en 2017

En canto ao maltratador, un 66 por cento son españois este ano, e un 55 por cento atópase na franxa de idade dos 31 aos 50 anos.


|

Concentracionviolenciamachista 1


Un total de 27 mulleres foron asasinadas a mans das súas parellas ou ex parellas no que vai de ano, oito máis que no mesmo período de 2016, segundo datos do Ministerio de Sanidade Servizos Sociais, e Igualdade.


Xunto con iso, un total de 5 menores perderon a vida por mor da violencia de xénero fronte a un menor falecido en todo o ano anterior, con datos ao 10 de maio deste ano.


A última actualización das cifras correspóndese coas vítimas de Madrid e Collado Villalba (Madrid) de data 27 de maio e a vítima de Molina de Segura (Murcia) de data 28 de maio. Ademais, mantense en investigación o caso de Redondela, en Pontevedra.


Sobre os últimos casos, a vítima de Madrid non tiña fillas nin fillos menores de idade; as vítimas de Collado Villalba e de Molina de Segura tiñan ambas unha filla menor de idade. No que vai de ano, un total de 13 menores quedaron orfos pola violencia de xénero.


Das 27 vítimas mortais, un total de cinco (18%) denunciaran ao seu agresor. Ademais, 4 vítimas solicitaron e obtiveron medidas de protección, e en tres dos casos estas estaban en vigor cando se cometeu o crime. Nun dos casos produciuse un quebratamento das medidas e foi sen consentimento da vítima.


Ademais, un 66,7 por cento das vítimas eran españolas e unha porcentaxe similar tiña entre 31 e 50 anos. No 63 por cento dos casos a vítima convivía co seu agresor.


En canto ao maltratador, un 66 por cento son españois este ano, e un 55 por cento atópase na franxa de idade dos 31 aos 50 anos. Deles, cinco quitáronse a vida tras cometer o crime e outros oito tentárono.

relacionada Fin de semana de loito pola violencia machista en España

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE