Pleno bronco na Deputación de Pontevedra con acusacións de "censura"

|

PontevedraplenodeputacionCésar Mosquera presidiu o pleno extraordinario. //Foto: Deputación de Pontevedra

A tensión e o enfrontamento dialéctico ha marcado de novo este luns o desenvolvemento do pleno da Deputación de Pontevedra. A rifa empezou xa antes de arrincar a sesión, cando a deputada do PP Elena Muñoz queixouse pola decisión do goberno provincial, argumentada nun informe xurídico do secretario da institución, de "censurar" unha das mocións que o PP presentou para o seu debate.


Muñoz explicou que o grupo popular pedía a comparecencia da presidenta, Carmela Silva, para que ofreza toda a información relativa aos "supostos casos de corrupción", e especialmente polo suposto "enchufe" da súa cuñada.


Non asistiu este luns Silva ao pleno por "recomendación médica ao estar indisposta", e o presidente accidental, César Mosquera, foi quen cominou á portavoz do PP a que ciñese a súa intervención para expoñer a queixa e que non "aproveitase" para facer un discurso "que non procede".


Elena Muñoz desatendeu as chamadas de Mosquera para que interrompese a súa intervención iniciándose a primeira pequena liorta da mañá. Estes encontróns repetíronse durante o debate doutros puntos.


Mosquera cortou mesmo o micrófono á portavoz do PP, Nidia Arévalo, ao superar o tempo asignado para a súa intervención e estar a falar de "asuntos que nada teñen que ver co contido da moción". Esta decisión foi contestada pola bancada popular cunha sonora protesta.


Nidia Arévalo pediu a intervención do secretario do pleno amparándose no regulamento de organización pero Mosquera animoulle a seguir coa orde do día e advertiu que cortaría calquera intervención que se salga do previsto. "Non queremos que o pleno se converta nun circo", alegou.

relacionada A Audiencia ordena reabrir a causa sobre os insultos machistas a Carmela Silva
relacionada O funcionario vigués que supostamente enchufou a cuñada de Carmela Silva enfróntase a 8 anos de prisión

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress