Pedro Sánchez comunica a Rajoy a postura do PSOE contra o referendo ilegal

Foi o secretario xeral electo do PSOE o que chamou ao presidente do Goberno para falar por primeira vez desde as primarias.


|

Rajoysanchezcongreso


Pedro Sánchez chamou esta mañá ao presidente do Goberno para trasladarlle que o PSOE estará na defensa da Legalidade e da Constitución en Cataluña e contra o referendo ilegal, segundo informan fontes do PSOE e de Moncloa.


Foi o novo secretario xeral do PSOE quen telefonou ao Xefe do Executivo, segundo fontes socialistas, e ambos mantiveron unha conversación "fluída e normal", tal e como cualificaron ambas as partes. 


Hai que lembrar que Rajoy evitou chamar ao novo secretario xeral do PSOE desde a súa vitoria nas primarias do pasado 21 de maio. 


Durante esta chamada, Pedro Sánchez explicou a Mariano Rajoy que o seu partido estará na defensa da legalidade e da Constitución e "contra calquera intento de rompela".


Amplía esta información en CatalunyaPress.

relacionada Rajoy sobre o referendo: "Nin quero, nin o creo, nin se vai producir"
relacionada Rajoy tende a súa man a Sánchez e rexeita estar "á gresca"
relacionada Sánchez e Fernández reúnense para acordar a posición do PSOE na moción a Rajoy

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE