As Festas da Ascensión de Santiago rozan a popularidade do Apóstolo

|

Festasascensionsantiago


Unhas 60.000 persoas participaron durante a semana pasada nas Festas da Ascensión de Santiago de Compostela, segundo as estimacións municipais, que apuntan a que as celebracións congregaron unhas 5.000 persoas máis que hai un ano.


Así o indicou este luns o rexedor compostelán, Martiño Noriega, que compareceu en rolda de prensa para dar os datos do balance de participación na Ascensión, que o consistorio cifra nunhas 60.000 persoas.


En relación a actividades concretas, Noriega explicou que unhas 4.500 persoas participaron no concerto dos 40 Principales, 3.500 no de Eladio e os Seres Queridos, a mesma cifra que no de Antonio Carmona, e unhas 2.500 no da Real Filharmonía de Galicia na Praza da Quintana.


Ademais, destacou a "cifra récord" de 1.500 participantes alcanzada pola Festa dos Maiores, as máis de 20.000 persoas que asistiron á Feira Cabalar da Ascensión ou a gran afluencia das actividades na Alameda.


Para o alcalde estas foron unhas festas "exitosas e moi concorridas" nas que a cidade tivo "unha gran resposta" e aumentaron as cifras de turistas.


OCUPACIÓN QUE ROZA O CHEO


A falta de que a hostalería de por pechados os seus datos (que apuntan a unha ocupación do 90 por cento), Martiño Noriega apuntou o cambio de tendencia nas Festas da Ascensión deste ano, xa que tradicionalmente son "máis de consumo interno", mentres que este ano aproximáronse á celebración do Apóstolo Santiago, o 25 de xullo.


"A cidade estaba abarrotada", dixo o alcalde sobre unhas festas que cualificou de "participadas, descentralizadas e populares". Do mesmo xeito, destacou a participación de turistas, cuxa cifra é "moi alta para as datas", o que fai pensar que "se camiña cara a outro ano récord" en visitantes.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress