Fundación Aquae apoia un curso de verán que ensina a científicos a mellorar a súa comunicación

|

Cienciaexperimento


A Fundación Aquae apoia o curso de verán 'Contar coa ciencia. Técnicas escénicas e de narración oral para a comunicación científica' que terá unha duración de tres días e impartirase no Centro IESIDE de Santiago de Compostela do 6 ao 8 de setembro, segundo informou a fundación, ademais de ter outras datas na Universidade da Rioxa e na Universidade de Cantabria en xullo e agosto.


O obxectivo do curso é dotar a profesionais da ciencia e da comunicación de ferramentas escénicas e narrativas que melloren as súas técnicas en divulgación e comunicación, capacitando os alumnos para desenvolver textos cun contido científico de forma que poidan ser dirixidos a un público non especializado.


Todas as actividades do curso serán impartidas por monologuistas de Big Van, Científicos sobre ruedas, Eduardo Sáenz de Cabezón, Elena González Burón e Oriol Marimón Garrido; o profesor da Universidade de Cantabri, Alberto Coz Fernández; a directora executiva Escena Miriñaque, Noelia Fernández Saez; e o biólogo e coordinador do Centro de Narración Oral Eduardo Galeano na Universidade de Córdoba, Héctor Urién.


El prazo para presentar a matrícula conclúe o 25 de agosto na Universidade de Santiago de Compostela.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress