O Ourense CF consegue o seu billete á Terceira División

|

Ourensecfascenso


O Couto esperaba un partido para a historia e tívoo. O Ourense CF certificou este domingo o seu ascenso á Terceira División cunha vitoria na casa ante o Gondomar.


Os ourensáns chegaron perdendo ao descanso 0-1, por un penalti transformado polo equipo pontevedrés.



Na segunda metade, o Ourense CF alcanzou a 'gloria' con dous tantos que o converten en equipo de Terceira, mentres o outro rival que pugnaba polo ascenso, o CD Arenteiro, terá que pelexar na promoción.


Os do Carballiño tamén fixeron os deberes na casa ante o Portonovo, pero o 4-3 colleitado tamén cunha remontada non lles bastou, pola vitoria do Ourense.

relacionada O Ourense CF xógase o ascenso á Terceira

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress