Aparece morta unha muller de 50 anos nunha piscina de Guitiriz

O corpo atopárono flotando na área recreativa dos Sete Muíños pasado o mediodía.


|

SetemuinhosguitirizÁrea recreativa de Vos Sete Muíños. //Foto: Concello de Guitiriz


O cadáver dunha muller duns 50 anos de idade apareceu flotando nunha piscina dunha área recreativa do municipio lugués de Guitiriz, segundo informou o Centro Integral de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia.


O corpo foi localizado por un particular que deu avisou ao 112 Galicia ao redor das 12,30 horas deste domingo. O cadáver da muller atopábase flotando nunha piscina da área recreativa dos Sete Muíños, unha zona pola que transita moita xente.


Ata o lugar desprazouse persoal do GES de Guitiriz. O 112 tamén deu aviso a Urxencias Sanitarias 061, Bombeiros de Vilalba, Protección Civil e Garda Civil.

relacionada Aparece o corpo dun home afogado nunha piscina en Gondomar
relacionada Galicia rexistra 7 das 51 mortes por afogamento no que vai de ano

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE