A exportacións galegas soben en marzo case un 21%

Os sectores de manufacturas de consumo (29,82% do total), automóbil (18,03%) e bens de equipo (17,46% do total) son os que máis venden fóra das nosas fronteiras. 


|

Exportacións2


As exportacións galegas subiron un 20,97% en marzo en relación co mesmo dato do ano anterior, de acordo co informe de comercio exterior publicado este venres polo Ministerio de Economía e Competitividade.


O estudo do ministerio recolle que Galicia aumenta o seu peso na exportación española cun 7,73% do total e continúa como a sexta comunidade autónoma a nivel estatal por detrás de Cataluña, Andalucía, Comunidade Valenciana, Madrid e País Vasco.


Por provincias, Pontevedra e A Coruña continúan liderando as exportacións galegas. Ambas as provincias concentran máis do 90% do total, mentres que Lugo achega un 4,28% e Ourense un 3,98%.


As principais exportacións proviñeron dos sectores de manufacturas de consumo (29,82% do total), automóbil (18,03%) e bens de equipo (17,46% do total). Tamén destaca o incremento no número de exportacións do sector de produtos enerxéticos, cunha taxa de incremento nominal interanual do 92,3%.


IMPORTACIÓNS E SALDO


Pola súa banda, as importacións (que supuxeron o 5,48% do total estatal) aumentaron un 15,95% na comunidade galega o terceiro mes do ano. As subidas dun 17,5% en Pontevedra, un 16,2% en Ourense e un 19,7% na Coruña víronse contrarrestadas pola caída do 24,2% rexistrada en Lugo.


Deste xeito, con 2.027 millóns en exportacións e 1.518,3 en importacións, o saldo deste mes foi de 508,1 millóns, un 4,6% máis respecto de marzo do ano anterior.

relacionada O téxtil leva a Galicia a tocar un novo máximo histórico en exportacións
relacionada Industria, agroalimentación e luxo, oportunidades de exportación de Galicia a China
relacionada Galicia rexistra o maior aumento a nivel España na facturación do sector servizos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE