O novo plan forestal de Galicia estará listo este verán

|

Bosqueeucaliptos


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou este venres que a Comunidade contará no verán con dúas ferramentas "clave" para revalorizar o sector da madeira: a Axencia Galega da Industria Forestal e o novo Plan Forestal de Galicia.


Así o dixo durante o acto de clausura da celebración do 40 aniversario da Asociación de Empresarios de Primeira Transformación de Madeira de Lugo, onde asegurou que estas dúas iniciativas terán como obxectivo "revalorizar" a industria, conxugando o respecto ao medio ambiente, o desenvolvemento rural e a procura dunha maior expansión comercial, da man da innovación.


No relativo á Axencia Galega da Industria Forestal, Feijóo explicou que este órgano estará centrado en impulsar o sector cara ao seu retos de futuro, sobre todo para facelo máis competitivo a través da innovación ou da diversificación.


En segundo lugar, a axencia buscará favorecer a transferencia de coñecemento entre empresas e centros públicos de investigación forestal e de mellorar a cualificación dos profesionais que traballan no sector a través de cursos formativos e a potenciación dos centros de formación agroforestal.


PLAN FORESTAL


Por outra banda, en relación ao novo Plan forestal de Galicia, o presidente do Goberno galego destacou que este nace co fin de "velar" por que o aproveitamento da madeira na Comunidade se faga de forma "sustentable e respectuosa" co medio ambiente.


Así, o plan priorizará diferentes actuacións, como aumentar a superficie de árbores frondosas caducifolias; fomentar a plantación e a rexeneración de especies como o castiñeiro, o carballo e a cerdeira; racionalizar a superficie arborizada ocupada polo eucalipto de acordo coas necesidades da industria; establecer medidas de control para unha xestión sustentable das especies cinexéticas; aproveitar a biomasa forestal con fins enerxéticos; e integrar a I+D+i para facer un estudo periódico, por exemplo, das pragas.


No relativo ás áreas afectadas por incendios, o Plan forestal de Galicia potenciará as actuacións de restauración e a formación das brigadas forestais, desde o punto de vista da investigación e as tarefas de prevención.


Ao longo da súa intervención, o responsable do Goberno destacou que a Xunta está a traballar para ofrecer unha xanela única para autorizar as tallas de madeira e concluíu facendo fincapé en "a procura do equilibrio entre a preservación do medio ambiente e o aproveitamento económico do monte".

relacionada O BNG chama a "poñer freo á expansión descontrolada e monocultivo do eucalipto"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress