En México dan por pechado o traspaso ao Celta da xogador revelación da súa liga

|

HirvinglozanoHirving Lozano, coa súa selección nacional. //Foto: @HirvingLozano70


O Celta pensa en reforzar a súa parcela ofensiva e o mellor situado neste momento é o xogador mexicano Hirving Lozano. De feito, en Mexico dan por pechado o traspaso ao club vigués.


O xogador revelación da liga mexicana é un centrocampista de 21 anos que xoga fundamentalmente como extremo esquerdo, aínda que tamén pode cambiar de banda e ten capacidades como creador. Ten 21 anos, é internacional absoluto con México desde febreiro do 2016 e anotou 41 goles.


Segundo medios locais, o acordo entre o Celta e o Pachuca pecharía a operación en ao redor de 12,5 millóns de euros polo 80% do pase do futbolista.


Pero outros apuntan a que o interese dalgúns clubs ingleses provocou que o club de orixe pida ata 20 millóns polo traspaso, unha cifra a entidade celeste non manexa.

relacionada Unzué, a un paso do banco do Celta
relacionada Berizzo confirma a súa marcha do Celta

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress