Tino Fernández: "Se non melloramos o tope salarial volveremos quedar de 16"

O presidente fai balance da tempada e fixa como meta que os resultados superen ás limitacións económicas, como fixeron Eibar e Alavés.


|

TinofernandezdeporTino Fernéndez, durante a comparecencia. //Fonte: RC Deportivo

O presidente do Deportivo atendeu este venres aos medios de comunicación para facer balance da tempada e falar do futuro inmediato do club, tal e como recolle o RC Deportivo na súa web. Tino Fernández pon en perspectiva o 16º posto do primeiro equipo nesta campaña comparándoo co ranking de topes salariais dos clubs de Primeira.


Tino Fernández recoñeceu, iso si, que "non pensabamos ter menos puntos que o ano anterior", pois o Dépor caeu de 42 a 36. O reto, para el, é que o Dépor consiga resultados "sobresalientes" cos recursos dos que dispón, como nesta campaña fixeron Eibar e Alavés. Se non é así e "se non melloramos o tope salarial volveremos quedar de 16", vaticinou.


ANDONE


Sobre o xogador con máis pretendentes, o presidente sostén que "en caso de Florin Andone non hai ningunha intención de vendelo e salvo que veñan coa cláusula non hai negociación. Chamáronme clubs de fóra de España e comuniqueillo. O noso reto non é vender a Florin Andone, é atopar o acompañante que nos faga ser máis letais", razoa o mandatario branquiazul.


Sobre o outro dianteiro, Tino Fernández mostrou o seu desexo de recuperar a Lucas Pérez, consciente de que "sería unha opción fantástica, pero creo que queda aínda lonxe desde o punto de vista económico e de tempo". "Estamos a chamar á porta e se houbese esa posible saída, o compromiso é que nós seriamos a primeira opción", razoou.


19,2 MILLÓNS ESTA TEMPADA


Unha parte importante da súa exposición versou sobre a débeda do club. "O Deportivo pagou esta tempada 18,6 millóns de débeda e aínda imos pagar uns 600.000 euros máis. Falamos de moito máis de 1,5 millóns de débeda ao mes, o mesmo que custou Lucas", contou.


Sobre as cifras, revelou que "a pesar de todo, seguimos debendo 93.255.000 euros". E en canto á reestruturación, falou de contactos numerosos para aliviar os compromisos do club, pero sen nada definitivo. "Eu distingo entre 'falta' e 'está pechado'. Obviamente non estamos en cero con Facenda. Non esaxero nada se digo que tiven máis de cen reunións con Facenda e outros axentes do mundo financeiro para a reestruturación da débeda, que non é fácil", explicou.


NOVO CADRO


Sobre a confección do equipo para a próxima campaña, confirmou a renovación de Juanfran, pero non revelou o futuro doutros xogadores. "Temos que contratar bos xogadores, a poder ser 'indiscutibles, que nos poden axudar a dar ese salto e conseguir a evolución", afirmou.


EQUIPO FEMININO


O presidente quixo encomiar a "tempada de éxito" da división feminina do club. "O Deportivo fixo un proxecto moi bo de fútbol feminino e un proxecto moi bo polo fútbol feminino. Xeramos un efecto tractor, onde vemos que hai máis interese e máis clubs", valorou.


E fixou o obxectivo da próxima tempada: "quedar campioas e ascender", consciente do reto que supón.

relacionada Os socios máis fieis do Dépor recibirán o recoñecemento do club
relacionada Pepe Mel confirma que seguirá no banco do Dépor a próxima tempada

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE