O BNG denuncia a "adquisición irregular" dun equipo de radioloxía no CHUS

O grupo parlamentario censura que vaya a ser destinado "para uso exclusivo" do servizo de radioloxía en prexuízo do resto de patoloxías. 


|

Montsepradobng


O BNG denunciou no Parlamento galego a "adquisición irregular" dun equipo de radio diagnóstico no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) que será destinado "para uso exclusivo" do servizo clínico de radioloxía en prexuízo do "resto" de patoloxías".


O grupo nacionalista na Cámara galega ha presentado unha proposición non de lei na que piden explicacións ao Sergas tras a denuncia presentada pola Sociedade Española de Radioloxía Médica (Seram) na que alertan que a adquisición destes equipos e a súa utilización "exclusiva" para a área de cardioloxía "fragmentaría a igualdade" dos pacientes no acceso a estes servizos.


Diso informou este venres en comparecencia de prensa a deputada do Bloque Montse Prado, quen aseverou que os pacientes de cardioloxía supoñen "o 5%" do total do CHUS mentres que os procedentes de "neuroloxía e traumatoloxía" representan "o 90%".


Por tanto, Prado, como recolle a Seram na súa denuncia, puxo o foco en que "rompería" a prioridade de acceso e, por tanto, quedarían establecidas "patoloxías de primeira que pasan por diante do resto de problemas clínicos, que quedan relegados a unha atención estándar".


"CONTRATACIÓN IRREGULAR"


Ademais, o BNG alertou ante o que consideran unha "contratación irregular" por parte do Sergas na adquisición destes equipos --uno de Tomografía computarizada (Tac) e outro de Resonancia magnética--, xa que ven unha estratexia de "fidelización" do cliente ao ser esta empresa a "subministradora habitual" de material para a área de cardioloxía.


Na súa denuncia, a Seram subliña que "resulta rechamante" que "tras pouco máis dun ano dun concurso de compra de equipos de imaxe para o Sergas que se supoñía contemplaba as necesidades de equipos para varios anos, se dediquen recursos a satisfacer caprichos individuais fronte á necesidade de afrontar plans obxectivos, serios e globais".


Ademais, a Seram apunta que a empresa Medtronic xa ten "antecedentes" en "intentos similares" ao agora denunciado en Santiago nos hospitais de Salamanca e Gregorio Marañón (Madrid), onde "a adquisición" destes equipos se fai de "forma irregular" e "como contraprestación" á compra de "diverso material funxible e implantable para cardioloxía".


Por tanto, BNG e Seram ven unha "anomalía" que logo de "unha adxudicación", "un provedor habitual do Sergas" realice "doazóns en equipamento por importe duns dous millóns de euros".


LISTAS DE ESPERA


Así as cousas, o Bloque reclamou ao Sergas que "rectifique" e "aclare esta situación" ante a "priorización" dos pacientes dunha patoloxía por diante doutras doenzas. Así, Prado apuntou que "a prioridade" no acceso a estes equipos debe darse por "a patoloxía e non de onde provén a petición das probas".


E é que, como lembrou a deputada, segundo os datos oficiais do CHUS, a lista de espera no hospital santiagués para someterse a resonancias magnéticas chega ata "as 5.000 persoas" e a de 'Tac' alcanzan as "6.000", ao que hai que sumar os pacientes derivados a centros privados para realizar este tipo de probas.

relacionada Un verán "a pleno rendemento" para reducir as listas de espera hospitalaria

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE