Carballo será elixido presidente do PP local de Lugo tras recoller máis de 400 avais

|

Elenacandiaramoncarballo

O candidato do PP para presidir a directiva local do partido en Lugo, Ramón Carballo, fixo un balance "positivo" da campaña "interna" iniciada o 5 de maio para a recollida de avais á súa candidatura, antes do congreso que se celebrará este venres.


Carballo será elixido tras recoller máis de 400 avais e no seu equipo estarán os concelleiros Enrique Rozas e Mari Teijeiro, quen será elixidos vicepresidente e secretaria xeral, respectivamente.


Nunha rolda de prensa na sede do partido convocada na pasada xornada, Carballo sinalou que se reuniu con máis de 700 afiliados nos encontros que celebrou estas tres semanas nos barrios da cidade e na zona rural.


"Empeza un novo camiño no que espero cumprir o novo obxectivo, cun proxecto activo, unido e transformador para que o PP siga crecendo porque somos o único partido que se preocupa por Lugo", afirmou.


Carballo avanza que non vai vender " fume" porque os populares dotaranse de "un proxecto claro". A nova etapa afróntaa "con moita ilusión" e o reto de "fortalecer o partido nos próximos meses".

relacionada O único candidato a liderar o PP de Lugo aposta por integrar correntes

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress