O 'Encontro Artes pola Integración' regresa á Coruña

A sexta edición desenvolverase do 8 ao 11 en diferentes espazos da cidade, con espectáculos, exposicións e talleres.


|

Artesintegracion


O 'Encontro Artes pola Integración' regresará á cidade da Coruña cunha nova edición, a sexta, que se desenvolverá desde o 8 ao 11 de xuño en diferentes espazos da cidade herculina.


En rolda de prensa, a directora do festival, Carlota Perez, xunto, entre outros, ao director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, deu a coñecer a programación de esta iniciativa importante desde o punto da inclusión social.


Exposicións, espectáculos, conferencias ou talleres combinaranse en diferentes espazos da Coruña co obxectivo de crear vías de acceso bidireccionais entre artistas e persoas con diversidade funcional ou psicolóxica.


Entre os obxectivos do proxecto destaca a utilización de diferentes manifestacións artísticas para logar a inclusión a través das artes visuais, a literaria, o teatro ou a música. Disciplinas que se darán cita na Coruña durante este festival.


AS ARTES ESCÉNICAS, PROTAGONISTAS


"É fundamental falar de inclusión e visibilizala", comentou a directora deste festival que arrinca o xoves 8 de xuño cun espectáculo multidisciplinar que profunda na interconexión entre cerebros.


Na programación, na que destaca o papel das artes escénicas como vehículo integrador, tamén se inclúe unha intervención en espazos urbanos, en concreto na Cidade Vella; ou a proxección dun proxecto dedicado ao diálogo artístico en persoas con discapacidade intelectual.


A programación do VI 'Encontro Artes pola Integración' complétase con exposicións de diversos formatos, teatro e música. Pero tamén haberá cabida para a formación a través de conferencias e talleres.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE