Rajoy rexeita diálogar baixo a ameaza dunha declaración de independencia

O presidente do Goberno e Carles Puigdemont cruzáronse cartas ao redor das últimas decisións do Executivo catalán.


|

Rajoypuigdemont 2


Rajoy respondeu este xoves por carta ao presidente da Generalitat, Carles Puigdemont, que non cabe ningunha negociación sobre o referendo a "costas das verdadeiras canles democráticas e da lei". Ademais, recrimínalle que ofreza diálogo pero logo "ameace" con "unha declaración de independencia" en caso de non ser "satisfeitas as pretensións" do Goberno catalán.


Desta forma responde á misiva que Puigdemont lle enviou este mércores solicitando a Rajoy iniciar "negociacións sobre os termos e as condicións do referendo" en Cataluña e expresando a súa vontade de buscar unha "solución política pactada e acordada" ante a demandas da cidadanía de Cataluña de poder decidir sobre o seu futuro político.


A contestación do presidente do Goberno non gustou á o mandatario catalán, que lamentou o rexeitamento para negociar o referendo: "Non é a resposta que esperabamos, non serve para resolver ou encarrilar a resolución do desencontro".


Amplía esta información en CatalunyaPress.

relacionada Zapatero, contrario aos referendos porque "dividen apaixonadamente"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE