Primeira multa a Volkswagen en Galicia polo Dieselgate

A Xunta imponlle unha sanción de 33.800 euros. Unha usuaria de Ourense denunciou a compañía polo engano da manipulación dos motores.


|

Volkswagen fraude OCU


A asociación de consumidores Facua logrou coas súas denuncias en relación á fraude dos motores diesel a primeira multa en Galicia a Volkswagen, que ascende a 33.800 euros.


Segundo informou a través dun comunicado, a asociación presentou xa 4.175 denuncias en nome dos seus socios ante as autoridades autonómicas de consumo e representa a case 7.000 condutores na causa penal aberta na Audiencia Nacional por este caso.


Por mor destas denuncias, indicou, a Xunta sancionou a Volkwagen-Audi España cunha multa de 33.800 euros, case o dobre do valor do Golf Bluemotion TDI da denunciante, unha usuaria de Ourense que comprou o vehículo de segunda man hai seis anos.


A resolución emitida pola Consellería de Economía determina que o engano sufrido pola denunciante representa unha "infracción grave en materia de defensa do consumidor", precisa Facua.


Das denuncias presentadas por Facua en Galicia, 225 formuláronse no Instituto Galego de Consumo (IGC), das que un número importante xa derivaron na incoación de expedientes sancionadores.


Ata a data, o IGC é a única autoridade autonómica de protección ao consumidor que deu a coñecer a apertura de expedientes sancionadores ás filiais do grupo Volkswagen como consecuencia das denuncias interpostas individualmente polos afectados pola fraude na manipulación dos motores diésel.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE