O sector lácteo, o esquecido da reunión entre Feijóo e Competencia

|

Vacas 1


Unións Agrarias trasladou a súa "decepción" e lamentou a "ocasión perdida" por Núñez Feijóo para "forzar un cambio de modelo de actuación" da Comisión Nacional de Mercados e Competencia cara aos gandeiros de leite galegos.


O sindicato sinalou que o órgano regulador "prima sempre os intereses das industrias e a distribución" fronte aos dereitos dos produtores, indicando que "todos os fallos e ditames da CNMC" protexen os intereses das grandes superficies.


"Dabondo son coñecidas as presións da CNMC cara á base produtora láctea cando se tentan fixar prezos de referencia dignos para o leite, en nome dun libremercado que non é real, xa que os gandeiros son cativos das industrias polo modelo de explotación tras a eliminación de todos os mecanismos de regulación da produción", indica.


"Esta lei da selva", engade, que a CNMC avaliou "como non preocupante", que permite "que se saturen os circuítos comerciais para forzar as caídas nos prezos en orixe" ou que se importe "de modo masivo leite líquido ou derivados a prezos moi por baixo do que se pagan" a produtores de países de orixe.

relacionada Gandeiros de Perú visitan Galicia para intercambiar experiencias co sector lácteo
relacionada UUAA denuncia unha "nova onda de importacións indiscriminadas de leite" de Francia
relacionada Os Vinte e oito apoian estender o "paquete lácteo" máis aló de 2020
relacionada Os gandeiros galegos volven cobrar máis de 30 céntimos por litro de leite

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress