A Fundación Aquae apadriña a monográfico 'Tierra', da revista Granta en Español

É o segundo número dos catro que a edición española da publicación dedica aos elementos básicos da natureza: Auga, Terra, Aire e Lume.


|

GrantaEspanolAquaeValerie Miles, Ángel Simón, Mercedes Monmany e Antonio Muñoz Molina. //Foto: Aquae


A Fundación Aquae presentou o novo número da revista Granta en Español, dedicado nesta ocasión ao elemento 'Terra' (o título nas librerías é 'Tierra', pois a publicación é en castelán). Esta edición, tal e como informa a fundación nun comunicado, "forma parte dunha serie de catro monográficos sobre os elementos básicos da natureza (Auga, Terra, Aire e Lume) que a prestixiosa revista literaria, na súa versión en español, está a editar co apoio de Fundación Aquae".


Na súa presentación, en Madrid, participaron un cento de profesionais do mundo editorial, escritores, artistas e xornalistas. No acto, Ángel Simón, presidente da Fundación Aquae, sinalou que a colaboración coa revista Granta vén motivada "porque cremos no talento e na cultura como vehículo de comunicación e comprensión entre persoas". Unha iniciativa que segue a liña do evento participativo para estudantes e mozos emprendedores Aquae Talent Hub, que recentemente se celebrou en Compostela, xunto con Viaqua e a Universidade de Santiago.


Pola súa banda, Valerie Miles, editora, escritora e cofundadora da Revista Granta en Español foi a encargada de presentar o resto dos invitados cos que mantivo un interesante debate. Nel partiviparon Mercedes Monmany, crítica literaria e ensaísta, e o escritor e académico da lingua, Antonio Muñoz Molina, premio Príncipe de Asturias das Letras 2013.


Miles, ademais, explicou aos asistentes que "o éxito do monográfico sobre a auga levounos a seguir a serie cos restantes elementos". E reamtou asegurando que "a ciencia e a cultura converxen, contemplan da man os mesmos obxectos, e marabíllanse".


E é que foi o ano pasado cando con motivo do Día Mundial da auga se publicou o primeiro dos monográficos, dedicado a ese elemento básico para a vida no noso planeta. Ese número reuniu textos narrativos e poéticos, pensamentos e recordos. En 2017 Granta presenta este número, 'Tierra', mentres en 2018 chegará 'Aire' e en 2019 completarase a serie con 'Fuego'.


Neste número participan Herta Müller, Judith Thurman, Enrique Vila-Matas, Marguerite Yourcenar, Jenn Díaz, Harold Pinter, Francesc Serés, Mónica Ramón Ríos, Ken Follet entre outros moitos.


Granta en Español é unha revista de narrativa, crónica e reportaxe, decana das edicións internacionais da publicación británica Granta. Recolle en dous números anuais colaboracións inéditas procedentes de todo o ámbito hispánico e escritos procedentes dos números noutros idiomas. 

relacionada A creatividade e o emprendemento sumaron forzas no primeiro Aquae Talent Hub de Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE