Os traballadores de Ferroatlántica preparan protestas contra a venda das centrais

A compañía prepara xa as escisións para levar a cabo o seu plan "tan pronto como se obteña a autorización administrativa".


|

Ferroatlanticacee


O comité de empresa de Ferroatlántica Cee-Dumbría-centrais hidroeléctricas xa está a estudar un novo calendario de mobilizacións para conseguir a "non segregación de actividades" e a venda das centrais.


Así o indica nun comunicado de prensa, tras a súa asistencia ao pleno do Parlamento, onde, na sesión de control ao presidente, abordouse a súa problemática. "Unha vez máis, as respostas do presidente da Xunta son esquivas e non constitúen unha aposta clara pola defensa dos nosos postos de traballo e pola non segregación das actividades de ferroaleación e produción enerxética", critican estes traballadores.


Lamentan, de feito, que isto non é "nada novo", pois, na súa opinión, "o Goberno autonómico vén mantendo unha postura ambigua desde que se coñeceron publicamente as pretensións de Ferroatlántica de vender as centrais hidroeléctricas".


FEIJÓO "DÁ ÁS" Á EMPRESA


O comité dreprocha a Feijóo, que na súa intervención "volve escudarse no papel dos servizos xurídicos, chegando mesmo a afirmar que de ser compatible a segregación que pide Ferroatlántica coa normativa vixente, esixirá tantas ou máis garantías de emprego que as que existen".


Coas súas afirmacións, destaca o comité de Cee-Dumbría, "está a dar ás ao manido proxecto industrial da empresa, que non é outra cousa que un plan de reconversión e desmantelamento". Ademais, estes traballadores recriminan a Feijóo que "pon en cuestión as reivindicacións do conxunto" do persoal da Costa da Morte e dos veciños da comarca.


"Non hai mellor plan industrial que o que temos actualmente. Non hai mellor garantía de continuidade dos empregos e da actividade nas fábricas que manter as concesións nas condicións actuais. A mellor forma de facer xustiza coa Costa da Morte pasa por que a empresa reinvista nas fábricas os millonarios beneficios xerados pola explotación dos aproveitamentos hidráulicos", proclama este comité.


CONSTITUÍDA A COMISIÓN DE SEGUIMENTO


A comisión de seguimento do plan de investimentos do grupo Ferroatlántica en España, na que están representados a dirección da compañía e os sindicatos UGT, CC.OO. USO e SU, quedou constituída en Madrid.


O acto, segundo destaca a compañía nun comunicado de prensa, é "un avance na execución do citado plan", ao que se opón o comité de empresa de Ferroatlántica de Cee-Dumbría-centrais hidroeléctricas, pois entende que a venda das centrais á que aspira a compañía supoñerá despois "o desmantelamento" das plantas de ferroaleación, coas consecuencias que iso tería para o emprego da comarca da Costa da Morte.


O plan "de futuro" de Ferroatlántica, como o define o grupo, foi asinado a principios de abril pola dirección e a representación dos traballadores do grupo.


"Prevé a creación de 940 empregos e un investimento que supera os 200 millóns de euros, cos que se modernizarán as fábricas de Cee, Dumbría e Sabón (A Coruña), Boo (Cantabria) e Monzón (Huesca), e construiranse novas plantas vinculadas ao silicio solar en Sabón (A Coruña) e en Puertollano (Cidade Real)", segundo a empresa.


O persoal propio do grupo Ferroatlántica en España, segundo engade a nota, "incrementarase nun 40% coa incorporación 376 empregos directos".


XA PREPARAN AS ESCISIÓNS


A empresa sinala que informou do estado dos procesos de escisións societarias que comezaron tanto en Hidro Nitro como en Ferroatlántica "para levar a cabo as accións previstas no acordo tan pronto como se obteña a autorización administrativa correspondente".


Tamén se informou da presentación, ante a Xunta de Galicia, da solicitude formal para que se suprima a prohibición de segregación das actividades de ferroaleacións e de produción de enerxía eléctrica, "devolvendo --segundo a compañía-- as concesións hidroeléctricas aos termos en que orixinariamente foron outorgadas".

relacionada Feijóo: "Vou ser o garante da lei e do emprego en Ferroatlántica"
relacionada A venda das centrais de Ferroatlántica decidirana funcionarios
relacionada Os traballadores de Ferroatlántica saen da reunión coa Xunta "preocupados"
relacionada O BNG pide unha comisión de investigación sobre as adxudicacións ao grupo de Villar Mir

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE