As taxas universitarias quedan conxeladas outro ano e seguirán como as máis baratas

Os estudantes gastan en matrículas uns 1.400 euros menos nun grao que os doutras comunidades autónomas.


|

Estudianteapuntes


Alberto Núñez Feijóo ratificou este mércores que Galicia seguirá á cabeza das comunidades con taxas universitarias "máis baratas", xa que propoñerá unha vez máis, para o curso 2017-2018, a conxelación de todos os prezos para os títulos de graos e máster.


"Propoñeremos de novo conxelar as taxas, como fixemos desde que chegamos nos títulos de grao e na súa totalidade no últimos cinco anos", aseverou Feijóo, quen cifrou nunha media duns 1.400 euros o aforro das familias por estudante durante os catro anos de grao.


No caso dos graos universitarios, Feijóo subliñou que o prezo medio das primeiras matrículas de grao --que representan o 78 por cento do total-- mantéñense en 11,89 euros/crédito, o "máis baixo" de España e menos da metade dos 25,14 euros de comunidades como Cataluña.


No caso dos máster, os prezos son "os segundos máis baixos", cunha media de 26,49 euros, 11 euros/crédito menos que a media estatal e lonxe dos 65,87 euros/crédito de Cataluña.


Feijóo subliñou que esta iniciativa forma parte dun paquete de medidas de apoio aos estudantes universitarios, xa que, ademais da conxelación das taxas, tamén se convocará un ano máis a liña de axudas para o inicio e continuación de estudos, dirixida a quen non cumprisen os requisitos académicos adicionais esixidos polo Ministerio.


Así mesmo, manterase a convocatoria das axudas dirixidas a causas imprevistas e que poidan afectar á continuación dos estudos universitarios. E convocarase tamén a liña específica de axudas para o inicio de estudos de máster para persoas en situación de desemprego.


NOVOS CURRÍCULOS DE FP


Así mesmo, o Consello da Xunta aprobou este mércores seis novos currículos de Formación Profesional (FP) básica e un máis de ciclo superior. Deste xeito o número de títulos de FP que o Goberno galego sacou desde 2009 elévase xa aos 112, aos que hai que sumar os 27 currículos de PF básica elaborados 'ex novo', incluídos os que recibiron este mércores luz verde.


Os títulos autorizados fan referencia á organización e control de obras de construción, actividades de panadería e pastelería, actividades domésticas e limpeza de edificios, mantemento de vivendas, fabricación de elementos metálicos, instalacións electrotécnicas e mecánica, e mantemento de embarcacións deportivas e de recreo.

relacionada A Deputación de Pontevedra destina 100.000 euros a 'Erasmus +' da UVigo
relacionada O reitor de Vigo reclama máis prazas ligadas á capacidade económica da Universidade
relacionada As Universidades galegas poderán 'saltarse' o mínimo de alumnos en titulacións 'singulares'

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE