Multa de ata 25.000 euros a Echenique por non pagar a seguridade social do seu asistente

|

Echenique3


O secretario de Organización de Podemos, Pablo Echenique, foi multado pola Inspección de Traballo e Seguridade Social pola contratación irregular do seu asistente persoal, que valora como unha infracción "moi grave" e pola que propón unha multa de entre 10.001 e 25.000 euros.


Nun expediente comunicado a semana pasada, adiantado polo diario aragonés 'Heraldo', a Inspección de Traballo sostén que Echenique incumpriu a lei ao manter a un traballador para axudalo na sen dalo de alta no réxime xeral da Seguridade Social.


O dirixente de Podemos anunciou que recorrerá o expediente ao considerar que a relación co seu asistente persoal era entre "autónomo e cliente" e, por tanto, a responsabilidade de pagar a seguridade social era desta persoa e non súa.


Podes coñecer máis detalles na información de PressDigital.

relacionada Gañou Pablo... Echenique
relacionada Os sindicatos advirten do avance do paro e a precariedade en Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress