Máis de 180 vítimas de violencia machista necesitan protección en Galicia

|

Pulserasmachismo


A Policía autonómica ten asignada actualmente a protección e vixilancia na comunidade de 185 mulleres vítimas de violencia machista, segundo cifras concretadas polo vicepresidente da Xunta.


Alfonso Rueda contestou a unha pregunta da deputada popular Paula Prado, na que sinala, ademais, que no que vai de ano realizáronse outro tipo de actuacións como 17 detencións por delitos de violencia machista, e a realización de máis de 12.500 contravixilancias na contorna da vítima ou do agresor.


Tamén se realizaron 504 informes de valoración do risco da vítima e levaron a cabo 167 colaboracións (acompañamentos aos xulgados e hospitais, entre outras).


Na actualidade, as unidades de prevención, asistencia e protección ás vítimas de violencia machista da Policía autonómica suman 13 axentes dedicados en exclusiva a atender as mulleres que se atopan nesta situación, aos que se suma o apoio doutros 66 que prestan servizo a quendas as 24 horas do día e todo o ano.


Prado criticou que a oposición pretenda dar a entender que o Goberno que dirixe Feijóo "non fai nada" fronte á violencia machista. "Non se pode ser irresponsables", reflexionou, antes de apelar a deixar de lado calquera "interese partidista" neste asunto.

relacionada Bescansa: "A loita contra o machismo non é unha opción, senón unha obrigación"
relacionada "Un condenado por maltratador machista non pode ter a custodia dos fillos"
relacionada Cinco nenos foron asasinados por violencia machista en 2017, tras confirmarse o caso de Oza
relacionada Case 5.700 mulleres denunciaron violencia machista o ano pasado en Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress