Laza rexistra un terremoto de 3,1 graos na escala de Richter

|

Terremotolaza


O municipio ourensán de Laza rexistrou á primeira hora da tarde deste martes un terremoto de 3,1 graos na escala de Richter, segundo os datos do Instituto Xeográfico Nacional recollidos por Europa Press.


En concreto, o sismo rexistrouse ás 13,54 horas deste martes 23 de maio en Laza, con epicentro a uns doce metros de profundidade, segundo a información do Instituto Xeográfico Nacional.


O CAE 112 Galicia tivo coñecemento deste movemento sísmico vía fax, pero fontes do servizo de emerxencias confirmaron que non constan avisos sobre incidencias relacionadas con este terremoto na provincia de Ourense.

relacionada Cúmprense 20 anos do maior terremoto da historia de Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress