Lavacolla necesita "máis conectividade" para poder competir co Porto

|

Aeropuertolavacollafacturacion


O director do aeroporto de Santiago, Ricardo López Navarro, apostou por ofrecer "máis conectividade" desde Galicia aos viaxeiros para competir coa terminal do Porto. "Os galegos buscan a mellor opción para viaxar e ás veces desde aquí non a teñen", explicou.


López Navarro pronunciouse deste xeito tras participar nun almorzo informativo ofrecido polo rexedor da cidade, Martiño Noriega, onde se mostrou partidario por "traballar o destino Galicia para que as compañías" que operan aquí "teñan bos resultados" e "se animen a traer máis voos".


Así mesmo, preguntado polos resultados de Santiago sinalou que hai un "crecemento dos factores de ocupación" o que significa que para as compañías "é máis rendible operar" na terminal compostelá. "Iso nun momento determinado pode facer que veñan máis frecuencias", apuntou.


Ademais, tamén celebrou a chegada de Lufthansa á capital galega, que conectará con Frankfurt e Munich. Así, destacou que xa "ten uns resultados moi bos a pesar de que acaba de comezar" polo que pensa "operar tamén no inverno".

relacionada Noriega ve "pouco elegante" que Fomento lle cobre o cambio de nome de Lavacolla
relacionada Noriega: "Hoxe ninguén pensa que temos que pedir perdón por gañar as eleccións"
relacionada Lufthansa aterra en Santiago con "vocación de quedar"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress