Tráfico estuda endurecer as medidas a condutores noveis para reducir a sinistralidade

|

Conductorguardiacivilpeaje


O ministro do Interior, Juan Ignacio Zoido, anunciou este martes 23 de maio que desde a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) está a estudarse impoñer "restricións máis estritas" con respecto ao consumo de alcol na estrada, a condución nocturna ou ao límite de velocidade, co obxectivo de reducir e evitar a sinistralidade nas estradas de condutores novos e, sobre todo, os noveis.


Zoido, que presidiu o pleno do Consello Superior de Tráfico, Seguridade Viaria e Mobilidade Sustentable, precisou que esta será una das 154 liñas de actuación das que se falará durante a reunión, na que se debaterá a revisión da Estratexia de Seguridade Viaria 2011-2020 e as reformas lexislativas en materia de tráfico. En todo caso, especificou que aínda non pode dar "demasiado detalle" sobre esta proposta.


"Todo isto haberá que falalo, debatelo e concretalo", asegurou o ministro, que engadiu que esta medida implantaríase "durante un período de tempo" co obxectivo de introducir así "un sistema gradual na obtención do permiso de condución".


Actualmente, a taxa máxima de alcol permitida en condutores é de 0,25 miligramos por litro en aire expirado, para condutores xerais, mentres que para condutores noveis é de 0,15 miligramos por litro en aire expirado.

relacionada A sinistralidade nas estradas galegas cae á metade respecto ao ano pasado
relacionada A emotiva campaña de Interior para fomentar o respecto ás bicicletas na estrada
relacionada Morre un policía local de Carballo tras ser atropelado nun control de alcoholemia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress