Noriega: "Hoxe ninguén pensa que temos que pedir perdón por gañar as eleccións"

O rexedor de Santiago mostra a súa preocupación sobre o impacto do turismo na capital, e a perda de poboación no centro histórico, que corre o risco de "tematizarse".


|

Martinonoriegaforumeuropa


O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, puxo en valor dous anos de goberno municipal esta mañá, no marco dun almorzo informativo no Hostal dos Reis Católicos organizado por Fórum Europa, lembrando que a última vez que se subiu ao mesmo estrado, despois de que Compostela Aberta se fixese coa alcaldía, dixo que "non pediría perdón por gañar as eleccións", dada a súa consideración como "intrusos" por parte de colectivos influentes da cidade. 


Con todo, tras superar o ecuador do seu mandato, Noriega di sentirse "satisfeito" e reforzado por "devolverlle esa confianza á cidadanía": "Hoxe ninguén pensa que temos que pedir perdón por gañar as eleccións", apostilou.


O alcalde de Santiago foi presentado pola Concelleira responsable de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, que destacou a "aventura complexa" na que se embarcaron en 2015 para "devolverlle a dignidade á cidade".


Lois puxo de relevo os cambios que levaron a cabo desde a súa chegada, e salientaron especialmente a súa vontade de contar coa participación da cidadanía na tarefa de goberno, a través, por exemplo, dos seus orzamentos participativos.


TURISMO


O alcalde felicitou a Santiago polos seus "cifras récord" de turismo en 2016 á vez que advertiu dos riscos de "morrer de éxito". Noriega subliñou que a cidade "hospitalaria" por excelencia debe atopar un modelo turístico que permita a convivencia coa cidade.


"A zona vella é a única parte de Compostela que perde poboación", exemplificou, para logo advertir que as institucións deben evitar que acabe convertida nun "parque temático".


Como medidas para evitar esta situación, Noriega propuxo evitar modelos comerciais desnaturalizados, o seu plan de "vivendas baleiras", a aposta por un tipo de comercio humano e a accesibilidade vertical --dado o envellecemento poboacional nesta área--, entre outras.


TAXA DE REPOSICIÓN


O alcalde aproveitou para instar á eliminación do que denominou como "corsé" de persoal ao que están sometidos no goberno local, que "sufriu un ERE encuberto do 15% do persoal", e que segundo Noriega, "sofre déficit de persoal" en todas as Concellarías. "É o comentario que máis escoito aos meus concelleiros", puntualizou.


Neste sentido, o alcalde asegurou que para levar a cabo certas actuacións tales como a remunicipalización, é imprescindible contar con persoal, e puxo de manifesto que este déficit dificulta unha tarefa de seu "difícil". 


REMUNICIPALIZACIÓN DE SERVIZOS


Noriega mostrouse satisfeito coa aprobación inicial por parte do pleno municipal do servizo da ORA e o guindastre, á vez que afirmou experimentar "moitas resistencias". "Somos como o salmón, a contra corrente".


O rexedor advertiu que a remunicipalización de servizos "non é un asunto pacífico" e subliñou as trabas que existen para levala a cabo: "Hai que xustificar cinco veces máis para remunicipalizar un servizo que para sacalo a licitación".

relacionada Noriega decidirá se volve optar á alcaldía de Santiago no último tramo do seu mandato

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE