Ana Pastor convoca para o 13 de xuño o debate da moción de censura

|

Anapastorgobcongreso


A presidenta do Congreso, Ana Pastor, fixou para o próximo 13 de xuño o Pleno no que se debaterá a moción de censura contra Mariano Rajoy, impulsada por Unidos Podemos e na que líder do partido morado, Pablo Iglesias, se presenta como candidato á Presidencia do Goberno.


Así o anunciou Pastor tras consultar os portavoces parlamentarios, aos que tamén informou de que este mesmo martes a Mesa de Congreso admitiu a trámite a iniciativa de Unidos Podemos e abriu un prazo de dous días para que se poidan presentar mocións alternativas con outros candidatos e programas. Non obstante o PSOE, o outro gran grupo que ten deputados suficientes para promover unha moción de censura, xa avisou de que non ten intención de facelo agora, e niso coincidiron os tres aspirantes á Secretaría Xeral.


NECESÍTASE MAIORÍA ABSOLUTA


Para dar tempo a este proceso, a votación da moción ou mocións de censura non poderá ter lugar antes de cinco días desde a presentación do primeiro escrito. E se houbese máis dunha moción de censura, votaranse segundo a orde do presentación, pero en todo caso, só sairá adiante a primeira que reúna a maioría absoluta, o que esixe o apoio de 176 deputados.


A priori, a moción de censura encabezada por Pablo Iglesias só conta cun respaldo da quinta parte da Cámara e aínda está a máis de cen escanos da maioría absoluta que se require para desbancar a Mariano Rajoy.


Iso supón, indefectiblemente, que o grupo confederal non só debe sumar o PSOE, que ten 84 deputados, senón tamén boa parte das minorías, fundamentalmente os independentistas de Esquerra (9 deputados), a antiga Convergència (8 votos) e Bildu (dous deputados). Tanto o PNV como Ciudadanos, pola súa banda, teñen asinados senllos acordos para aprobar os Orzamentos Xerais que serían imposibles co cambio de Goberno.


A data do debate da moción de censura é unha competencia exclusiva da presidenta do Congreso, Ana Pastor, aínda que as primeiras mensaxes que se están cruzando os grupos parlamentarios apuntan á primeira quincena de xuño.

relacionada Podemos, disposto a retirar a súa moción de censura e a investir a Sánchez
relacionada En Marea aproba a moción de censura a Rajoy cun 85% de votos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress