Morre un mecánico en Abadín esmagado polo tractor que arranxaba

Un traballador resultou ferido ao sufrir unha caída no seu lugar de traballo,unha empresa situada na Rúa do Matadoiro, en Arrabaldo (Ourense). 


|

Tractor


Un mecánico morreu en Abadín (Lugo) este luns mentres arranxaba un tractor. Segundo informou o 112, a vítima morreu esmagada pola propia máquina agrícola que manipulaba.


O accidente laboral tivo lugar nunha nave situada na parroquia de Quende e, segundo informaron fontes dos bombeiros de Vilalba, o home, que traballaba nun taller móbil, desprazouse ata alí para arranxar un tractor.


Por causas que por agora se descoñecen, quedou atrapado debaixo da máquina e faleceu no acto.


Foi un particular o que alertou do ocorrido ao 112 Galicia ás 16,40 horas desta tarde. Acto seguido, o 112 deu o aviso aos bombeiros de Vilalba e ao 061. Ademais, informouse do sinistro á Garda Civil.


Os efectivos sanitarios decidiron mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Santiago. Con todo, a intervención da aeronave quedou suspendida tras a confirmación da morte do mecánico.


FERIDO EN OURENSE


Por outra banda, en Ourense, un traballador resultou ferido esta tarde ao sufrir unha caída. Os feitos tiveron lugar nunha empresa situada a Rúa do Matadoiro, en Arrabaldo.


O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos ás 17,15 horas, a través do 061. Os efectivos sanitarios indicaron que a vítima permanecía inconsciente, polo que decidiron mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Ourense.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE