En Marea aproba a moción de censura a Rajoy cun 85% de votos

|

Luisvillaresmarea


Os inscritos en En Marea aprobaron que o partido instrumental apoie a moción de censura presentada polo Grupo Confederal de Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy.


En concreto, a proposta foi aprobada polo 85% dos votos emitidos (649 de 763); mentres que un 14,9% (114 persoas) situouse en contra. A participación nesta consulta, que tivo lugar este sábado e domingo, foi do 37%, tendo en conta que emitiron o seu voto 763 inscritos dun total de 2061.


Diso informou este luns o partido instrumental nun comunicado, no que lembrou que todas as persoas consultadas, que puideron exercer o seu voto de forma telemática ou presencial, responderon á pregunta de "Estás de acordo en que En Marea preste o seu apoio político á Moción de Censura impulsada polo Grupo Parlamentario de Unidos Podemos-En Comú podem-En Marea no Parlamento Español?".


En Marea considera que o resultado supón "un apoio claro" das súas bases a que o partido instrumental preste o seu apoio político á "moción cidadá contra a corrupción que invade as institucións gobernadas polo Partido Popular".


Aínda que os resultados da consulta aos inscritos coñecéronse este luns, a moción de censura foi rexistrada o pasado venres no Congreso dos Deputados. Ademais, destacados integrantes de En Marea, como o seu portavoz Luís Villares, participaron na mobilización convocada na Porta do Sol de Madrid en apoio a esta iniciativa.

relacionada Iglesias: "A moción de censura vai máis aló da aritmétrica parlamentaria"
relacionada En Marea preguntará aos seus inscritos se apoian a moción de censura a Rajoy
relacionada O 'tramabús' recala en Galicia para evidenciar a "denominación de orixe" da corrupción

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress