Chega ao Parlamento unha ILP que reclama acelerar a ampliación do Hospital Montecelo

|

Montecelo 1Hospital Montecelo. //Foto: Beninho


A plataforma SOS Sanidade Pública reclamou a posta en marcha "con carácter urxente" dos trámites "legais e orzamentarios" para iniciar "o máis cedo posible" o proceso de ampliación do Hospital Montecelo de Pontevedra, que, segundo a Xunta, se iniciará no ano 2019.


A través dun comunicado, lembraron os puntos dunha ILP "apoiada por miles de firmas e aceptada a súa tramitación polo Parlamento de Galicia", onde se debaterá este martes, presentada por Ángel Rincon, membro de SOS Sanidade Pública de Pontevedra.


Nela, reclaman que Pontevedra "teña por fin un hospital público e único" capaz de resolver "as graves carencias asistenciais, as incomodidades para pacientes e traballadores sanitarios e os riscos para a saúde dos enfermos".


Así, piden que a xestión da construción do Hospital Álvaro Cunqueiro sexa tida en conta para "evitar un novo desastre sanitario" e que se manteña "o uso sanitario do edificio do Hospital Provincial".


Así mesmo, piden a creación doutras unidades como "un servizo de Urxencias Extrahospitalario, unha unidade de Saúde Mental Comunitaria, un novo Centro de Atención Primaria, un servizo de Rehabilitación Extrahospitalario, un Centro de Orientación Familiar, un Centro de Atención Integral a Drogodependentes, camas para atención de enfermos crónicos e un Hospital de Día para persoas dependentes".

relacionada Pontevedra quedará este verán con 82 camas pechadas entre o hospital Provincial e Montecelo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress